Wikipedia
enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre,[1] multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger,[2] e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.[3] En 2015 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[4] e o Premio Erasmus.[5]
Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Wikipedia | |
---|---|
Acrónimo | Wikipédia, Wikipedia, ウィキペディア, Viquipèdia, Wikipèdia, Vicipaedia, Wikipedia, Βικιπαίδεια, ဝီကီပီးဒီးယား, ويكبيديا e Wikipedia |
Tipo | enciclopedia en liña, sitio de MediaWiki, proxecto da Wikimedia, conteúdo aberto, crowdsourced project, self-depicting entity, especialidade, plataforma com conteúdo gerado pelo utilizador e very large online platform |
Data de fundación | 15 de xaneiro de 2001 |
Fundador(es) | Jimbo Wales e Larry Sanger |
Nomeado en referencia a | Wiki e enciclopedia |
Premios | Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, FSF Free Software Award for Projects of Social Benefit, Grimme Online Award e Premio Erasmus |
Na rede | |
https://wikipedia.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
- Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.