Enciclopedia
compendio do coñecemento humano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano.[1] As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo.[2] As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.[2] Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.[3][4][5][6]
As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis Historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume.
A aparición de versións dixitais e de código aberto no século XXI, como a Wikipedia, ampliou enormemente a accesibilidade, a autoría, o número de lectores e a variedade de entradas de enciclopedia. A aparición de fagas unha versión dixitais e de código aberto no século XXI, como Wikipedia, ampliou enormemente a accesibilidade, a autoría, o número de lectores e a variedade de entradas de enciclopedia. [7]