Química inorgánica
estudo dos elementos e substancias químicas que non posúen o carbono ordenado en cadeas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Química inorgánica ou química mineral é a rama da química que estuda os elementos químicos e as substancias da natureza que non posúen o carbono ordenado en cadeas; Como parte da química, investiga as estruturas, propiedades e a explicación do mecanismo das reaccións e transformacións dos elementos non orgánicos, é dicir, os que non posúen enlaces carbono-hidróxeno, que pertencen ao campo da química orgánica.[1] Esta separación, non obstante, non é sempre clara, como por exemplo na química organometálica que é unha superposición de ambas.[2]
Os materiais inorgánicos comprenden cerca do 5% das substancias existentes no planeta Terra. As áreas de estudo en química inorgánica son a táboa periódica dos elementos, e o estudo da química de cada elemento e os seus compostos.
Diferéncianse tres grandes grupos:
- Química dos elementos dos grupos principais.
- Química dos metais de transición.
- Química dos lantánidos e actínidos.