Química orgánica
rama da química que estuda a estrutura, propiedades, composición, síntese e reaccións químicas dos compostos orgánicos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A química orgánica é a rama da química que estuda a estrutura, as propiedades, a composición, a síntese e reaccións químicas dos compostos orgánicos. Os compostos orgánicos son os compostos cuxo elemento fundamental é o carbono, pois estes compostos baséanse nun "esqueleto" formado por átomos de carbono.
O límite entre a química orgánica e a química inorgánica non é sempre nítido; por exemplo, o óxido de carbono (CO) e o dióxido de carbono (CO2) non forman parte da química orgánica. Podemos considerar os compostos organometálicos (moléculas orgánicas que inclúen átomos metálicos unidos a un átomo de carbono por medio un enlace covalente) coma unha separación difusa entre ambas ramas.
Ó contrario que outros elementos, o carbono forma enlaces fortes con outros átomos de carbono e cunha gran variedade doutros elementos. As cadeas e aneis de átomos de carbono son tan variadas que poden formar unha variedade interminable de moléculas.