Substancia química
substancia cunha composición química definida e caracterizada por propiedades físicas como a densidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha substancia química é calquera material cunha composición química definida, sen importar a súa procedencia.[1] Por exemplo, unha mostra de auga ten as mesmas propiedades e a mesma proporción de hidróxeno e osíxeno sen importar se a mostra íllase dun río ou créase nun laboratorio.
Unha substancia pura non pode separarse noutras substancias por ningún medio mecánico.[2] Estas substancias poden clasificarse en dous grupos; elementos e compostos. Os elementos están formados por átomos dun mesmo número atómico e os compostos puros son combinacións de dúas ou máis elementos nunha proporción definida. Substancias químicas típicas que se poden atopar no fogar son auga, sal (cloruro de sodio) e azucre (sacarosa). En xeral, as substancias existen como sólidos, líquidos, ou gases, e poden transformarse entre estes estados da materia mediante cambios na temperatura ou presión.
O concepto de substancia química estableceuse a finais do século XVIII cos traballos do químico Joseph Proust sobre a composición dalgúns compostos químicos puros tales como o carbonato cúprico.[3] Proust deduciu que:
- todas as mostras dun composto teñen a mesma composición; isto é, todas as mostras teñen as mesmas proporcións, por masa, dos elementos presentes no composto
Isto coñécese como a lei das proporcións definidas, e é unha das bases da química moderna.