Pobo oseto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os osetos,[9] no Digalego denominados ossetios.[10] (en oseto: ир, ирæттæ, ir, irættæ; дигорæ, дигорæнттæ, digoræ, digorænttæ) son un grupo étnico da cordilleira do Cáucaso, nativos da rexión coñecida como Osetia.[11][12][13] Falan a lingua oseta, unha lingua irania oriental (escita) da familia de linguas indoeuropeas, e moitos tamén son falantes fluídos de ruso como segunda lingua. O oseto non está relacionado nin é mutuamente intelixible con ningunha outra lingua irania.[14] O oseto, un remanente do grupo dialectal escita-sármata que outrora era falado por toda a estepa, é a única lingua irania nativa de Europa.[15]
Pobo oseto | |
---|---|
Home oseto en 1881. | |
Poboación | |
Poboación total: c 750 000 | |
Rexións principais: | |
Rusia | 558 515[1] |
(en Osetia do Norte) | 480 310[2] |
Osetia do Sur | 51 000[3] |
Xeorxia (excluíndo Osetia do Sur) | 39 426 |
Turquía | 50 000[4][5][6] |
Ucraína | 4 830[7] |
Letonia | 256 |
Estonia | 116[8] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Oseto, ruso e xeorxiano |
Relixión | Igrexa Ortodoxa, con importantes minorías que practican o uatsdin e islam |
Grupos relacionados | Outros pobos iranios: escitas, sármatas e alanos |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Na súa maioría, os osetos son cristiáns ortodoxos, cunha salientable minoría que practica o uatsdin e o islam.
Os osetos viven maioritariamente en Osetia, que está politicamente dividada entre Osetia do Norte-Alania en Rusia, e Osetia do Sur, que dende o conflito de Osetia do Sur de 2008 converteuse de facto nun estado independente de Xeorxia.
Os seus parentes máis achegados, os jász, viven na rexión de Jászság, no norte do condado de Jász-Nagykun-Szolnok, en Hungría.