Cordilleira do Cáucaso
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cordilleira do Cáucaso é unha cadea de montañas de 1.200 km entre o mar Negro e o mar Caspio, frecuentemente considerada o límite do extremo sueste da Europa. Forma dúas cadeas distintas:
- O Gran Cáucaso esténdese de Sochi, nas marxes do nordeste do mar Negro, ao leste-sueste, alcanzando o mar Caspio preto de Bakú. Na maior parte da súa extensión, forma a fronteira natural da Rusia con Xeorxia e Acerbaixán. Os picos do Gran Cáucaso inclúen o monte Elbrus, con 5.642 m que o converten na montaña máis alta de Europa.
- O Pequeno Cáucaso esténdese paralelamente ao Grande Cáucaso, a unha distancia media de 100 km ao sur. As fronteiras da Xeorxia, Armenia e do Acerbaixán corren a través desa cadea, a pesar de que as cristas non definen a fronteira de maneira xeral.
- Este artigo é sobre a cadea de montañas terrestre. Existe tamén unha cordilleira lunar, chamada Cáucaso.