Software privativo
programa informático baixo unha licenza que restrinxe o seu uso, estudo ou redistribución / From Wikipedia, the free encyclopedia
O software privativo ou software propietario[1][2][3][4][5] é todo o software que non ten o seu código fonte accesible dunha forma libre, sen restricións, porque o desenvolvedor, ou unha persoa física ou xurídica, retén a propiedade intelectual deste[2][5][6] ou incluso os dereitos de patentes[7].
O software privativo pódese distribuír tanto dun xeito gratuíto como comercial.[2][7] Porén, o usuario final só ten a posibilidade de executar un binario baixo certas condicións que establece o desenvolvedor ou distribuidor.[2][7] Esas condicións non cumpren algún dos catro principios que indica o manifesto de software libre: ou ben o desenvolvedor establece en que casos se pode usar ese software, ou non ofrece o código fonte ou non permite a modificación e adaptación del por parte do usuario.[2][3][4][8][9] Esas limitacións poden ser tanto para a totalidade do software como para unha parte deste.[2] Con isto, o software privativo é o antónimo de software libre segundo o manifesto da Free Software Foundation (FSF).[8][9]