Free Software Foundation
organización sen ánimo de lucro dedicada a promover o software libre / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Free Software Foundation (FSF) -Fundación polo Software Libre- é unha organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre (free significa neste caso libre e non necesariamente gratis, a outra acepción que a palabra ten en inglés) e, en particular o proxecto GNU.
Free Software Foundation | |
---|---|
Acrónimo | FSF |
Tipo | entidade filantrópica, organización sen ánimo de lucro e Organización non gobernamental |
Campo de traballo | software libre |
Data de fundación | 4 de outubro de 1985 |
Fundador(es) | Richard Stallman |
Presidente/a | |
Director/a | William John Sullivan e Zoë Kooyman |
Nº de membros | 5.000 (2019) |
Organización relacionada | Proxecto GNU |
Premios | Prix Ars Electronica |
Sede | Boston e Cambridge |
Enderezo | 51 Franklin Street, Fifth Floor Boston, MA |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://fsf.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde a súa fundación até mediados da década de 1990, os fondos da FSF destináronse principalmente a pagar a programadores para que escribisen software libre. A partir de mediados ou finais da década de 1990 existen xa moitas compañías e autores individuais que escriben software libre, de xeito que os empregados e voluntarios da FSF traballan fundamentalmente en asuntos legais e estruturais en beneficio da comunidade do software libre.