Persoa física
no campo xurídico, persoa real por oposición a persoa xurídica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O concepto xurídico de persoa física (ou persoa natural) foi elaborado fundamentalmente xa polos xuristas romanos. Cada ordenamento xurídico ten a súa propia definición de persoa, aínda que en tódolos casos é moi similar. En termos xerais é todo membro da especie humana susceptible de adquirir dereitos e contraer obrigacións. Nalgúns casos pódese facer referencia a estas como persoas de existencia visible, de existencia real, física ou natural.
A súa orixe etimolóxica vén de persona -ae, que era aquela máscara (per sonare, para facerse oír) que levaban os actores na antigüidade e que ocultaba o seu rostro ó tempo que facía soar a súa voz. Isto é, unha ficción que se sobrepón ó ser que a porta. Ademais, como no teatro clásico grego e romano un reducido número de actores representaban tódolos papeis, o cambio de careta indicaba ó público o personaxe dramático que estaba representado. Desta última función de individualización dos diferentes seres humanos provén o significado actual do termo persoa.
Isto é así porque non tódolos seres humanos -especialmente noutros tempos- podían ser considerados persoas.
Na actualidade as persoas físicas teñen, polo simple feito de existir, atributos dados polo dereito. A personalidade abre a porta da titularidade de dereitos, de modo que só sendo considerado tal se podía, por exemplo, contratar ou contraer matrimonio.