Relacións Bangladesh-Bután
relacións bilaterais entre Bangladesh e Bután / From Wikipedia, the free encyclopedia
As relacións entre Bangladesh e Bután refírense ás relacións bilaterais entre Bangladesh e Bután. O rei de Bután foi o primeiro líder mundial en anunciar un recoñecemento oficial da independencia de Bangladesh o 6 de decembro de 1971.[1] Dende entón, os líderes de ámbolos países intercambiaron moitas visitas estatais. En 2016, o Presidente de Bangladesh dirixiuse ao Parlamento de Bután.[2] O 6 de decembro de 2020, ambos os países asinaron un Acordo de comercio preferencial (PTA) con disposicións para o libre comercio de determinadas mercadorías.[3] A sinatura do acordo foi presenciada polo Primeiro Ministro de Bangladesh e o Primeiro Ministro de Bután.[3]
Ámbolos dous países son membros fundadores da Asociación Surasiática para a Cooperación Rexional. Os dous estados cooperan no marco da ONU e da BIMSTEC. Ambos países forman parte do Foro de Vulnerabilidade Climática. A cámara alta do parlamento de Bután votou a favor de non ratificar un pacto de transporte rexional que involucre á India, o Nepal e Bangladesh.[4]