Druk Gyalpo
xefe de estado de Bután / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Druk Gyalpo (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་པོ་; literalmente "Rei Dragón" ou o Rei de Bután) é o xefe de estado do Reino de Bután.[1] En lingua dzongkha, Bután é coñecido como Drukyul, que quere dicir "A terra do dragón do trono". Deste xeito, os reis de Bután son coñecidos como Druk Gyalpo ("Rei Dragón"), e os butaneses chámanse a si mesmos drukpa, que quere dicir "pobo do dragón".
Este artigo amosa escritos tibetanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O actual gobernante de Bután é Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, o quinto Druk Gyalpo.[2] Leva a Coroa do corvo, que é a coroa oficial que levan os reis de Bután. O seu tratamento é de "Mi'wang 'Ngada Rimboche" ("A súa Maxestade") e como "'Ngada Rimboche" ("A vosa Maxestade").[3][4]
O rei Jigme Khesar é o segundo monarca máis novo do mundo.[5] Ascendeu ó trono o 6 de novembro de 2008 despois de que o seu pai, Jigme Singye Wangchuck, abdicase no seu favor.[2]