Presidente de Bangladesh
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente de Bangladesh (bengalí: বাংলাদেশের রাষ্ট্রপতি: — Bangladesher Raṣhṭrôpôti) é o Xefe de Estado de Bangladesh.
Presidente da República Popular de Bangladesh গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশের রাষ্ট্রপতি | |
---|---|
Selo presidencial | |
Tratamento | A Súa Honorable Excelencia |
Residencia | Bangabhaban |
Sede | Dacca |
Designado por | Parlamento de Bangladesh |
Creación | 26 de marzo de 1971 |
Primeiro titular | Sheikh Mujibur Rahman |
O cargo de presidente foi mudado tres veces dende a independencia de Bangladesh en 1971. No ano 1991, coa restauración dun goberno democraticamente elixido, Bangladesh adoptou unha democracia parlamentaria. O Presidente cumpre agora un papel practicamente cerimonial e é elixido polo parlamento.[1]
En 1996, o parlamento aprobou unha nova lexislación que aumentaba a autoridade executiva do Presidente, segundo o establecido na Constitución, despois de que o Parlamento fose disolto. O Presidente reside en Bangabhaban, onde ten o seu despacho e a residencia. O Presidente é elixido polos 300 parlamentarios nunha votación aberta, e xeralmente representa ao partido maioritario da lexislatura.[2][3][4] Continúa no seu cargo despois de caducar o prazo de cinco anos até que un sucesor sexa elixido para a presidencia.[2]