Thimphu
Capital de Bután / From Wikipedia, the free encyclopedia
Thimphu[1] (en dzongkha ཐིམ་ཕུ་), ou tamén Timbu[2][3], é a capital de Bután. Situada nun alto val do oeste do país, a 2.350 m.s.n.m., con 98.676 habitantes (2005) é a maior cidade do pequeno estado. É tamén a capital do distrito que leva o seu nome. Á parte de ser a residencia do goberno e do monarca, é tamén a sede estival do Je Khenpo, a autoridade relixiosa do país.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
ཐིམ་ཕུ (dz) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Bután | |||
Distrito (pt) | Thimphu (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 114.551 (2017) (4.242,63 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 27 km² | |||
Bañado por | Raidāk River (en) | |||
Altitude | 2.321 m | |||
Creación | 1955 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 232, 233 e 234 | |||
Páxina web | thimphucity.bt |
Pechar
Este artigo amosa escritos tibetanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A urbanización da localidade comezou en 1961, cando Thimphu foi proclamada capital nacional, substituíndo a anterior capital, Punakha.