Pirámides de Exipto
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Pirámides de Exipto son antigas estruturas feitas en albanelaría construídas pola civilización do Antigo Exipto.
Até novembro de 2008, existían fontes citando entre 118 e 138 pirámides exipcias identificadas.[1][2] A maioría delas foron construídas como túmulos para os faraóns e as súas consortes durante os períodos do Antigo e do Medio Imperio.[3][4]
As máis antigas pirámides exipcias coñecidas foron encontradas en Saqqara, ó noroeste de Menfis. A primeira delas foi a pirâmide de Zoser (feita entre 2630 a.C-2611 a.C.), que foi construída durante a III dinastía exipcia. Esta pirámide e o seu complexo circundante foron proxectados polo polímata, e o entón arquitecto, Imhotep. Elas son xeralmente consideradas as máis antigas estruturas monumentais do mundo construídas de albanelaría vestida.[5]
As máis famosas pirámides exipcias son aquelas atopadas na Necrópole de Gizeh, nas aforas da cidade do Cairo. Varias das pirámides de Gizeh están entre as maiores estruturas xa construídas dende a Antigüidade.[6] A pirámide de Keops, en Gizeh, é a maior pirámide exipcia, cuxa altura orixinal chegaba a máis de 140 metros. É a única das sete marabillas do mundo antigo que permanece de pé.