Albanelaría
From Wikipedia, the free encyclopedia
A albanelaría[1] é a técnica de colocación de pedras para a construción. Pode subdividirse en:
- cantaría: técnica de tratamento e golpeo da pedra para darlle forma, tanto na súa extracción coma para darlle formas xeométricas ou figurativas;
- cachotaría ou cachotería: sistema que consiste en xuntar pedras de formas irregulares; un tipo particular desta é a cachotaría ciclópea.
- perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;
Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).
Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros ou os simples muros de pedra, a arquitectura tradicional leva séculos construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia ou beleza.