Montana
estado dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Para o lugar da parroquia de Alcabre, véxase Montana, Alcabre, Vigo
State of Montana (en) | |||||
Himno | Montana (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Oro y plata» (1865–) | ||||
Símbolo oficial | Nymphalis antiopa (Bolboreta) Grizzly bear (en) (Mamíferos) Sturnella neglecta (pt) (aves) Lewisia rediviva (pt) (flor) Oncorhynchus clarki lewisi (pt) (peixe) Pinus ponderosa (árbore) | ||||
Alcume | Big Sky Country e Treasure State | ||||
Nomeado en referencia a | montaña | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Helena | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.084.225 (2020) (2,84 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 436.048 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 381.154 km² | ||||
Auga | 1,02 % | ||||
Lonxitude da costa | sen valor | ||||
Bañado por | Rio Clark Fork (pt) , Flathead River (en) , Rio Jefferson (pt) , Río Missouri, Flathead Lake (en) , Fort Peck Lake (en) e Whitefish Lake (en) | ||||
Altitude | 1.035 m | ||||
Punto máis alto | Pico Granite (pt) (3.904 m) | ||||
Punto máis baixo | Rio Kootenay (pt) | ||||
Comparte fronteira con | Columbia Británica, sueste Dacota do Sur Wyoming Idaho Dacota do Norte Alberta, sur (1905–) Saskatchewan, sur (1905–) Territorios do Noroeste (–1905) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de novembro de 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Montana (en) | ||||
• Governador (pt) | Greg Gianforte (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Montana Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Montana Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-MT | ||||
Identificador GNIS | 767982 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Kumamoto (1982–) | ||||
Páxina web | mt.gov |
Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores. A pesar disto, Montana é un dos Estados menos poboados do país, cunha poboación de 902 194 habitantes e unha densidade demográfica de 2,39 hab/km², respectivamente a sétima e a terceira menor do país (ano 2000).
Xeograficamente, o leste do Estado é dominado polas Grandes Planicies, en canto que o oeste do Estado está dominado polas Montañas Rochosas. O nome do Estado, provén da palabra castelá “montaña”, por causa da presenza das Montañas Rochosas na rexión. Ironicamente, as vastas planicies abertas de Montana dánlle o sobrenome de “The Big Sky Country” (O País dos Grandes Ceos). Outros sobrenomes son “Land of Shining Mountains” (Terra das Montañas Brillantes), ”Treasure State” (Estado Tesouro) ou the last best place (o último mellor lugar).
A economía baséase principalmente na agricultura e na extracción de madeira e minerais. O turismo é tamén un factor importante na súa economía, con millóns de visitantes por ano ao Parque Nacional dos Glaciares, ao lugar da batalla de Little Bighorn e ao Parque Nacional de Yellowstone.