Bolboreta
insecto lepidóptero / From Wikipedia, the free encyclopedia
As bolboretas son insectos da orde dos lepidópteros. As bolboretas "diúrnas" clasificábanse antes no grupo Rhopalocera, mentres que as bolboretas "nocturnas" ou avelaíñas clasificábanse no grupo Heterocera, pero estes grupos, que xeralmente eran considerados subordes, xa non se utilizan nas clasificacións máis modernas por seren polifiléticos, e non todas as especies de cada grupo son nocturnas ou diúrnas.
Lepidópteros Lepidoptera Bolboretas e avelaíñas Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Charaxes brutus natalensis en Dar es Salaam, Tanzania | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes | |||||||||||
|
A dos lepidópteros é unha orde de insectos holometábolos (é dicir, de metamorfose completa), case sempre voadores, caracterizados, entre outras cousas, porque despois de ter superado o estado de larva, presenta dous pares de ás. As ás están recubertas con escamas microscópicas que se lle desprenden con só tocarlle, semellando, ao tacto e á vista, un po suave.
As especies máis coñecidas son as chamadas bolboretas diúrnas, pero a maioría son as bolboretas nocturnas, a maioría das cales adoitan pasaren inadvertidas.
As súas larvas, coñecidas como eirugas, aliméntanse tipicamente de materia vexetal, podendo ser algunhas especies pragas importantes para a agricultura (recordemos a couza guatemalteca, que causa estragos nas patacas). Por outra parte, moitas especies cumpren o papel de polinizadoras de plantas silvestres e cultivadas.
Este taxon representa a segunda orde con máis especies entre os insectos (sendo superado soamente pola orde dos coleópteros); de feito, conta con máis de 165 000 especies,[1] clasificadas en 127 familias e 46 superfamilias.[2]
Os nomes vulgares galegos para designaren estes insectos son os de bolboretas,[3] chorumas, papoias ou paxarelas (para as especies diúrnas). As bolboretas nocturnas denomínase avelaíñas,[4] matacandís e velairiñas, e tamén couzas, carunchos, trazas ou trillas.[5]
As bolboretas e avelaiñas teñen algunhas características especiais. As pezas bucais transformáronse nunha trompa ou probóscide que succiona e que se enrola nunha espiral (espiritrompa).
A cor das ás débese polo xeral a efectos ópticos das escamas máis que a pigmentos.