Selo de Montana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Selo do Montana é un dos símbolos deste estado, e foi aprobado en 1865, cando Montana era un Territorio dos Estados Unidos. Tras converterse en estado en 1889, decidiuse utilizar o mesmo selo.[1] En 1891, fixéronse propostas para intentar cambios ou adoptar un novo selo, aínda que sen chegar a ningún éxito. A coroa circular do selo contén o texto The Great Seal of the State of Montana (O Gran Selo do Estado de Montana). O círculo interior contén unha pa, un pico e un arado, simbolizando a Montana agrícola e mineira. O estandarte na parte inferior mostra o lema de Oro Y Plata, en español, aínda que se considerou mudalo polo de Eldorado.[1]
Datos rápidos Gran Selo do Estado de Montana, Versións ...
Gran Selo do Estado de Montana | |
---|---|
Versións | |
Armas históricas (1876) | |
Detalles | |
Armiger | Estado de Montana |
Adoptado | 1865 |
Ordes | Oro y plata |
Pechar