Mineral
sólido inorgánico cristalino de orixe natural / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. A ciencia que os estuda chámase mineraloxía. Así pois, as tres características básicas dos minerais son:
- Material inorgánico de orixe natural.
- Material cristalino, ordenado en celas unidade.
- Material sólido, agás raras excepcións.
- Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.
Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.