John Locke
pensador inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
John Locke, nado preto de Bristol o 29 de agosto de 1632 e finado o 28 de outubro de 1704, foi un filósofo e médico inglés, considerado como un dos máis influentes pensadores do empirismo inglés e coñecido como o «Pai do liberalismo clásico» .[1][2][3] Foi un dos primeiros empiristas británicos. Influído polas ideas de Francis Bacon, realizou unha importante contribución á teoría do contrato social. O seu traballo afectou en gran medida o desenvolvemento da epistemoloxía e a filosofía política. Os seus escritos influíron en Voltaire e Rousseau, pensadores da ilustración escocesa, así como os revolucionarios estadounidenses. As súas contribucións ao republicanismo clásico e a teoría liberal reflíctense na Declaración de Independencia dos Estados Unidos e a Declaración de Dereitos de 1689.[4]
- Este artigo trata sobre o filósofo, para o personaxe de ficción da serie Lost véxase John Locke (Lost).
Retrato de John Locke por Gotfrey Kneller (1697). | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1632 Bristol, Inglaterra |
Morte | 28 de outubro de 1704 (72 anos) High Laver, Essex, Inglaterra |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | High Laver (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Inglesa |
Relixión | Protestantismo |
Educación | Christ Church College (1652–1675) Westminster School (1647–) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, epistemoloxía, filosofía política e medicina |
Ocupación | Filósofo, médico |
Período de actividade | Filosofía do século XVII |
Empregador | Universidade de Oxford Anthony Ashley Cooper (pt) Caleb Banks (en) |
Membro de | Royal Society (1668–) |
Movemento | Filosofía moderna |
Influencias | Cicerón, Platón, Aristóteles, Tomé de Aquino, Avicena, Grocio, Rutherford, Descartes, Hooker, Filmer, Pufendorf, Hobbes, Irmáns Polacos (grupo relixioso cuxas ideas foron incorporadas nas teorías de Locke) |
Influencias en | Hume, Kant, Schopenhauer, Berkeley, Burke, Paine, Smith, Voltaire, Condillac, Rousseau, La Mettrie, Toland, Carmichael, Hutcheson, Shaftesbury, Edwards, Collins, Astell, Tucker, moitos filósofos políticos posteriores (incluíndo os Pais Fundadores dos Estados Unidos) |
Lingua | Lingua inglesa e lingua latina |
Obra | |
Obras destacables Carta sobre a tolerancia (1689), Dous tratados sobre o goberno (1690), Ensaio sobre o entendemento humano (1690) e A racionalidade do cristianismo exposta conforme á Escritura (1695) | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | John Locke e Agnes Keene |
Irmáns | Thomas Locke (en) |
Premios | |
A teoría da mente de Locke é frecuentemente citada como a orixe das concepcións modernas da identidade e do ego, que figuran prominentemente nas obras de filósofos posteriores como Hume, Rousseau e Kant. Locke foi o primeiro en definir o ego como unha continuidade da consciencia. Postulou que, ao nacer, a mente era unha lousa en branco ou tabula rasa. Ao contrario que a filosofía cartesiana —baseada en conceptos preexistentes—, sostivo que nacemos sen ideas innatas, e que, en cambio, o coñecemento soamente determínao a experiencia derivada da percepción sensorial.[5]
Estudou grazas a unha bolsa de estudos no prestixioso Christ de Oxford, que, como era habitual entón, reducía os estudos á filosofía escolástica e ignoraba a filosofía cartesiana e os avances da nova ciencia ou das matemáticas. Decepcionado, reorientou a súa carreira cara aos experimentos químicos (foi colaborador de Robert Boyle) e ao estudo da medicina. Profesor de grego clásico en Oxford, ata os trinta e catro anos non leu a filosofía de Descartes, a cal lle espertou «o gusto para os estudos filosóficos» e construíu unha influencia decisiva nel (víao como unha verdadeira alternativa á escolástica). Tamén recibiu a influencia de Pierre Gassendi (filósofo crítico con Descartes e seguidor do epicureísmo) e na filosofía política, dos británicos Hobbes e Shaftesbury. Viviu en Londres, durante catro anos en Francia e estivo brevemente exiliado nos Países Baixos. Cando volveu a Londres, despois da Revolución Gloriosa, converteuse en asesor dos whigs (representantes do partido liberal).