Home de Neandertal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O neandertal, Homo neanderthalensis, foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos[1], que habitou Europa e partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.[2][3]
Home de Neandertal Rango fósil: 0,23 Ma-0,028 Ma Plistoceno medio a tardío | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Homo neanderthalensis, caveira descuberta en 1908 en La Chapelle-aux-Saints (Francia). | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Homo neanderthalensis King, 1864 | |||||||||||||||
Distribución do Homo neanderthalensis. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
H. mousteriensis |
Morfoloxicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. Moitas desas características, como o do nariz, eran adaptación a ambientes fríos. A masa cerebral era semellante á H. sapiens, arredor do 10% maior, por ser algo máis longo ao seguir as diferenzas de proporción corporal.[2][3] Suxeriuse que os neandertais tiñan capacidade de expresión verbal, fala, similar a dos humanos modernos.[4]
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume.[3] O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriana".
Os rexistros fósiles de H. Nenderthalensis máis antigos son de hai cando menos 430 mil anos. Este rexistro e os estudos de secuenciación xenómica indican que teñen cos H. sapiens un antecesor común do plistoceno medio, posiblemente Homo heidelbergensis.[2][5][6] A secuenciación xenómica indicou que as poboacións de H. sapiens que saíron de África (isto é, a toda a poboación mundial actual agás a do centro e sur de África) conservan un 2% do xenoma procedente de reprodución cos neandertais. Isto tivo a súa orixe nun contacto entre as especies hai 60 mil anos, antes da expansión dos H. sapiens a Eurasia.[2][7][8][9]