Crocodylus novaeguineae
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Crocodylus novaeguineae, xeralmente chamado crocodilo de Nova Guinea, é unha pequena especie de crocodilo que vive na illa de Nova Guinea, onde hai dúas poboacións xeograficamente illadas no norte e sur da cadea montañosa que se estende pola parte central da illa. No pasado a especie incluía como subespecie o crocodilo de Filipinas, co nome C. n. mindorensis, pero hoxe este considérase unha especie separada chamada C. mindorensis. Os hábitats do crocodilo de Nova Guinea son principalmente os pantanos de auga doce e lagos. É máis activo de noite cando se alimenta de peixes e outros pequenos aimais. As femias poñen ovos en niños compostos de vexetación e descansan preto do niño para vixialo. Proporcionan algúns coidados parentais ás crías recentemente eclosionadas. Este crocodilo foi cazado en exceso pola súa valiosa pel a mediados do século XX, pero desde entón aplicáronse medidas de conservación, críase en granxas de crocodilos e hoxe a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) califica a especie como en situación "pouco preocupante".
Crocodylus novaeguineae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espécime no Zoo de Wuppertal | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Crocodylus novaeguineae (Schmidt, 1928) | |||||||||||||||
Range shown in green | |||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||
C. n. novaeguineae |