Crocodylus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Crocodylus é un dos tres xéneros de crocodilos da subfamilia Crocodylinae da familia Crocodylidae.
Máis información Crocodylus Rango fósil: Mioceno tardío - Actual, Clasificación científica ...
Crocodylus Rango fósil: Mioceno tardío - Actual | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. palustris | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución mundial do xénero Crocodylus | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto |
Pechar
Hai polo menos 12 especies vivas deste xénero, que son:
- Crocodilo americano, Crocodylus acutus
- Crocodylus intermedius
- Crocodilo australiano, Crocodylus johnsoni
- Crocodilo de Filipinas, Crocodylus mindorensis
- Crocodilo de Morelet ou crocodilo mexicano, Crocodylus moreletii
- Crocodilo do Nilo, Crocodylus niloticus
- Crocodilo de Nova Guinea, Crocodylus novaeguineae, con dúas poboacións ben diferenciadas
- Crocodilo das marismas ou crocodilo indio, Crocodylus palustris
- Crocodilo de auga salgada, Crocodylus porosus
- Crocodilo cubano, Crocodylus rhombifer
- Crocodilo siamés, Crocodylus siamensis
- Crocodilo do deserto ou crocodilo de África occidental, Crocodylus suchus, antes incluído en C. niloticus
Ademais,
- O crocodilo de fociño delgado, Crocodylus cataphractus, foi cambiado de xénero recentemente. Estudos de ADN e morfoloxía indican que esta especie pode ser máis basal que o xénero Crocodylus e, por tanto, é mellor clasificala no seu propio xénero, Mecistops.[1][2][3][4]
- Crocodylus raninus considérase un sinónimo de Crocodylus porosus e o seu status é pouco claro.[5]
O xénero contén tamén especies antigas fósiles. As especies establecidas inclúen polo menos seis especies extinguidas, que son:[4]
- † Crocodylus anthropophagus do Plioceno-Plistoceno e Tanzania.
- † Crocodylus bugtiensis de Paquistán
- † Crocodylus checchiai do Mioceno tardío de Kenya.
- † Crocodylus falconensis do Plioceno inicial de Venezuela.
- † Crocodylus palaeindicus do Mioceno ao Plistoceno do sur de Asia.
- † Crocodylus thorbjarnarsoni do Plioceno-Plistoceno de Kenya.