Illa de Nova Guinea
illa situada ao norte de Australia, a segunda máis grande do mundo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nova Guinea (tok pisin: Niugini; holandés: Nieuw-Guinea; indonesio: ''Papua''), coñecido historicamente como Irian ou Irian Jaya, é unha illa situada ao norte de Australia. É a segunda illa máis grande do mundo. Papúa refírese a toda ou unha parte da illa. A illa está divida politicamente de oeste a leste en dúas metades aproximadamente iguais.
Nova Guinea | |
---|---|
Situación | |
País | Papúa Nova Guinea e Indonesia |
Provincia | Indonesia:
Papúa, Papúa Occidental Central, Simbu, Highlands Orientais, Sepik do Leste, Enga, Golfo, Madang, Morobe, Oro, Highlands Meridionais, Occidental, Highlands Occidentais, Sandaun, Baía de Milne, Distrito Capital Nacional |
Arquipélago | Arquipélago Malaio |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 5°20′S 141°36′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 785.753 km² |
Longura máxima | 2398 km |
Largura máxima | 400 km |
Perímetro | 9.334´6 km. |
Punto máis alto | 4.884 m. Puncak Jaya |
Distancia a terra | 155 km. |
Demografía | |
Capital | Port Moresby |
Poboación | 11 306 940 (2014) |
A metade oriental é Papúa Nova Guinea, país independente desde 1975.
A metade occidental está incorporada a Indonesia, cas provincias de Papúa (anteriormente coñecida como Irian occidental ou Irian Jaya) e a nova provincia de Papúa Occidental.
Debido á antigüidade do seu poboamento e a súa paisaxe moi fracturada, na illa fálanse un número infrecuentemente alto de idiomas, unhas 1.000 linguas (unha cifra superior á da maioría dos continentes) foron catalogadas sobre un total estimado en todo o mundo de 6.000 idiomas humanos. A maioría están clasificados como linguas papúas, un termo xeográfico xeralmente aceptado. Numerosas linguas austronesias fálanse na costa e nas illas do litoral.