Batalla de Kosovo Polje
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Batalla de Kosovo Polje, tamén coñecida como Batalla de Kosovo (en serbio: Kosovska bitka; en cirílico: Косовска битка; en turco: Kosova Meydan Muharebesi) foi unha batalla librada en 1389, o día 15 de xuño, festividade de San Vito,[1] entre o principado serbio rexido por Lazar Hrebeljanović e o exército invasor do Imperio Otomán, baixo a dirección do sultán Murad I.[2]
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A batalla tivo lugar no Campo dos merlos, a uns 5 km o noroeste da moderna Priština. Os relatos históricos fiábeis sobre a batalla son escasos; os máis críbels obtivéronse a través de comparacións críticas con batallas históricas contemporáneas (como as de Angora ou Nicópolis), que permitiron unha reconstrución fiábel.[3]
A batalla finalizou con vitoria otomán, con grandes perdas en ambos os bandos.
A Batalla de Kosovo ten particular importancia no concepto serbio da historia, a tradición e a identidade nacional.[4]
O exército de Murad comprendía entre 27 000 e 40 000 combatentes.[5][6][7] Entre eles estaban incluídos de 2 000 a 5 000 xanízaros,[8] 2 500 membros da garda de cabalería de Murad, 6 000 ispahís, 20 000 azaps e akincis e 8 000 dos seus vasalos de Germiyan, Saruhan, o Imperio bizantino, Bulgaria, os principados do sur de Serbia en Macedonia (as terras de Constantino Dragaš e o príncipe Marko) eAlbania.[7]
O exército de Lazar estaba composto por de 12 000 e 33 000 soldados.[5][9] Deles, entre 12 000 e 15 000 estaban baixo o mando de Lazar, entre 5 000 e 10 000 correspondían a Vuk Branković, un nobre serbio de Kosovo e xenro de Lazar, e un grupo menor ao nobre bosníaco Vlatko Vuković.[10] O exército mixto de Vuković incluía un continxente de Cabaleiros Hospitalarios, a quen o cabaleiro croata Xoán de Palisna levara desde Vrana, en Dalmacia.[11] Varios miles eran cabaleiros.[12] Como aliados dos cristiáns ía tamén un número indeterminado de cabaleiros polacos e húngaros.[13]
Maldición de Kosovo: "Aquel que sexa serbio e serbio de nacemento, |
A batalla de Kosovo considérase unha vitoria das forzas otománs.[14][15][16][17] Debido á súa derrota, Serbia foi convertida nun Estado vasalo cuxos nobres debían pagar tributo e subministrar soldados aos otománs.
Por outra parte, como consecuencia da presión turca,[18] algúns nobres serbios accederon a casar ás súas fillas con mandatarios turcos, incluída a filla do knez Lazar, que casou cunha filla do sultán Bayezid I.[19][20]
A raíz destes matrimonios, Stefan Lazarević, o fillo e herdeiro de Lazar, converteuse nun fiel aliado de Beyazid, achegando forzas importantes para moitos dos seus futuros enfrontamientos militares, incluíndo a Batalla de Nicópolis, que marcou a última cruzada a grande escala na Idade Media.
Como compensación por esta alianza, Stefan recibiu do Sultán as posesións de Vuk Branković en Kosovo.[21]
Finalmente, o Despotado de Serbia, único reduto que resistiu aos otománs despois da batalla, foi conquistado definitivamente por estes en 1459.
A batalla de Kosovo chegou a ser vista como un símbolo do patriotismo serbio e o desexo de independencia co auxe do nacionalismo baixo o dominio otomán. A súa importancia para o nacionalismo serbio recobrou prominencia durante a disolución de Iugoslavia e a guerra de Kosovo, sendo invocada por Slobodan Milošević en 1989 nun célebre discurso durante os actos de celebración do 600º aniversario da batalla.[22]