Xenxis Kan
conquistador e emperador do imperio Mongol / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xenxis Kan[1] (en mongol: Чингис Хаан /ʧiŋgɪs χaːŋ/), O Señor de Toda a Terra, nado en 1155, 1162 ou 1167 e finado o 18 de agosto de 1227, foi un guerreiro e conquistador mongol que unificou ás tribos nómades desta etnia do norte de Asia, fundador e primeiro Gran Khan do Imperio Mongol, considerado o imperio máis grande da historia. Baixo o seu liderado como Gran Khan, os mongois comezaron unha serie de conquistas que estendeu o seu dominio a un vasto territorio, desde Europa Oriental ata o océano Pacífico, e desde Siberia ata Mesopotamia, a India e Indochina. Na primeira fase desta expansión, as hordas mongolas conquistaron importantes reinos de Asia, como o Imperio Jin do norte da China (1211-1216), o Imperio tangut, o khanato de Kara-Khitai, o Imperio corasmio ou a dinastía Song no sur da China.
Nome orixinal | (mis) ᠴᠢᠩᠭᠢᠰ ᠬᠠᠭᠠᠨ (mis) ᠴᠢᠩᠭᠢᠰ ᠬᠠᠭᠠᠨ (mis) Чингис хаан |
---|---|
Nome de templo | 太祖 |
Nome póstumo | 法天啟運聖武皇帝 |
Biografía | |
Nacemento | (mis) ᠲᠡᠮᠦᠵᠢᠨ c. 31 de maio de 1162 Delüün Boldog (Camague Mongol) |
Morte | 18 de agosto de 1227 (65 anos) Yinchuan (Imperio Tangut) |
Causa da morte | caída de cabalo |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
1º Khan do Imperio mongol | |
1206 – 18 de agosto de 1227 ← sen valor – Tolui (pt) , Ögödei → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Mongol |
Relixión | Tengrismo |
Actividade | |
Ocupación | líder militar , Xefe tribal , monarca |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Mongol (pt) |
Conflito | Conquista mongol do Império Corásmio (pt) , Mongol conquest of the Jin dynasty (en) , Battle of Dalan-Baljut (en) , Battle of Yehuling (en) , Battle of Indus (en) e Mongol conquest of Western Xia (en) |
Outro | |
Título | Khan (título) |
Familia | Borjigin (pt) |
Cónxuxe | Börte Chahe Qiguo Hedaan Yesugen Gunibiesu Yesui Khulan Ibaqa beki |
Fillos | Shuerche (pt) () Yeli'andun (pt) () Börte (pt) Checheyikhen (en) () Börte (pt) Aletalun (pt) () Kuoliejian (pt) () Khulan (en) Huochenbieji (pt) () Börte (pt) Chawuer (pt) () Yesugen (en) Tümelün (en) () Börte (pt) Wuluchi (pt) () Alahaibieji (pt) () Börte (pt) Jochi () Börte (pt) Djaghatai Khan (pt) () Börte (pt) Ögödei () Börte (pt) Tolui (pt) () Börte (pt) |
Pais | Yesugei (pt) e Hoelun (en) |
Irmáns | Qasar (en) , Behter (en) , Belgutei (en) , Hachiun (en) , Temugue (pt) e Temulin (en) |
Parentes | Tekina Khatun (en) (descendente) |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os seus excepcionais éxitos militares converteron a Xenxis Kan nun dos conquistadores máis importantes de todos os tempos e, ao final da vida do gran khan, o Imperio Mongol ocupaba unha parte substancial da Asia Central e a China.[2] Xenxis Kan e a súa historia de conquista teñen unha temible reputación nas historias locais.[3] Moitos cronistas medievais e historiadores modernos describen as conquistas de Xenxis Kan como unha destrución total a unha escala sen precedentes que conduciu a unha diminución drástica da poboación nalgunhas rexións como resultado tanto dos exterminios masivos como da fame negra. As estimacións do número de persoas que morreron como consecuencia das campañas militares de Xenxis Kan van desde uns catro millóns nas estimacións máis conservadoras ata sesenta millóns nos relatos históricos máis liberais.[4][5][6] Doutra banda, o reino budista uigur de Qocho, por exemplo, víao como un liberador e abandonou voluntariamente o imperio Qara Khitai para converterse en vasalos mongois. Xenxis Kan tamén foi retratado benéficamente por fontes do Renacemento temperán por respecto á gran difusión da cultura, a tecnoloxía e as ideas ao longo da ruta da seda baixo o Imperio Mongol.
Máis aló dos seus éxitos militares, os logros civís de Xenxis Kan incluíron o establecemento da lei mongol e a adopción do alfabeto uigur como sistema de escritura nos seus vastos territorios. Tamén practicou a meritocracia e a tolerancia relixiosa. Os mongois actuais considérano o pai fundador de Mongolia por unificar as tribos nómades do nordés de Asia.[7] Ao poñer a ruta da seda baixo unha contorna política cohesiva, tamén facilitou considerablemente a comunicación e o comercio entre o nordés de Asia, o suroeste asiático musulmán e a Europa cristiá, impulsando o comercio global e expandindo os horizontes culturais de todas as civilizacións euroasiáticas da época.[8]
O seu nacemento está rodeado de lendas xamánicas sobre a chegada dun lobo cincento que devoraría toda a terra. Aínda novo, enfrontouse á repulsa da súa familia polo seu propio clan, mais volvería para conquistar o seu liderado, vencer os seus rivais de clans distintos e unificar os pobos mongois baixo o seu mando. Estratego brillante, con hábiles arqueiros montados á súa disposición, vencería a Gran Muralla da China e conquistaría o norte daquel país e estendería o seu imperio cara ao oeste. Xenxis morrería antes de ver o seu imperio alcanzar a súa extensión máxima, mais comezaría unha dinastía de conquistadores que chegou a construír un imperio de trinta e tres millóns de quilómetros cadrados, do océano Pacífico ao mediterráneo ou Índico.