Vought F4U Corsair
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Vought F4U Corsair foi un caza estadounidense que operou principalmente durante a segunda guerra mundial e a guerra de Corea. Deseñado e fabriicado inicialmente por Chance Vought, o Corsair pronto tivo unha gran demanda, polo que outorgáronse contratos de produción a Goodyear, cuxos Corsair foron designados FG, e Brewster, designados F3A.
Vought F4U Corsair | |
---|---|
Tipo | cazabombardeiro embarcado |
Fabricante | Vought Goodyear Brewster |
Primeiro voo | 29 de maio de 1940 |
Introducido | 28 de decembro de 1942 |
Retirado | 1979 |
Principais usuarios | Armada dos Estados Unidos Corpo de Marines dos Estados Unidos Royal Navy Real Forz Aérea de Nova Zelandia |
Unidades construídas | 12 571 |
Variantes | Goodyear F2G Corsair |
O Corsair deseñouse e operouse como un avión embarcado, e entrou en servizo en grandes cantidades coa Armada dos Estados Unidos a finais de 1944 e principios de 1945. Rapidamente converteuse nun dos cazabombardeiros embarcados máis capaces da segunda guerra mundial.[1] Algúns pilotos xaponeses considerábano o mellor caza estadounidense da guerra e os seus pilotos navais conseguiron unha proporción de derrubos de 11:1.[2][3] Problemas iniciais coas aterraxes en portaavións e loxística fixeron que quedase eclipsado polo caza embarcado dominante Grumman F6F Hellcat, impulsado polo mesmo motor Double Wasp que voou por vez primeira no primeiro prototipo do Corsair en 1940.[4] En cambio, o despregamento inicial do Corsair foi en escuadróns baseados en terra dos Marines e a Armada estadounidense.[5]
O Corsair serviu case exclusivamente como cazabombardeiro durante a guerra de Corea e durante as guerras coloniais francesas en Indochina e Alxeria. Ademais de ser usado polos Estados Unidos e o Reino Unido, o Corsair tamén foi usado pola Real Forza Aérea de Nova Zelandia, a Aviación Naval de Francia e outras forzas aéreas ata os anos 60.
Dende a entrega do primeiro prototipo á Armada en 1940, ata a derradeira entrega en 1953 a Francia, fabricáronse 12 571 F4U Corsair[6] en 16 versións distintas. O seu tempo en produción de 1942 ata 1953 foi o máis longo de calquera caza con motor de pistóns estadounidense.[7][8][9]