Voina i mir
novela histórica de Lev Tolstoi / From Wikipedia, the free encyclopedia
Voina i mir (en ruso: Война и мир, antes da reforma ortográfica: Война и миръ; en galego Guerra e paz) é unha novela histórica escrita por Lev Tolstoi e publicada entre 1865 e 1869 no xornal Russkii Vestnik. O libro narra a historia de Rusia na época de Napoleón Bonaparte (principalmente as guerras napoleónicas en Rusia). A riqueza e o realismo dos seus detalles así como as súas numerosas descricións psicolóxicas fan que sexa considerado un dos maiores libros da historia da literatura.[1][2][3] Tolstoi desenvolveu no libro unha teoría fatalista da historia, onde o libre arbitrio non tería máis que unha importancia menor e onde todos os acontecementos só obedecerían a un determinismo histórico irrelutábel.
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Voina i mir | |
---|---|
Autor/a | Lev Tolstoi |
Orixe | Imperio Ruso |
Lingua | lingua rusa e lingua francesa |
Xénero(s) | romantic fiction, ficción histórica, war fiction e ficción filosófica |
Editorial | The Russian Messenger |
Data de pub. | 1869 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Voina i mir creou un novo xénero de ficción. A pesar de actualmente ser considerada unha novela, esta obra quebrou tantos códigos das novelas da época que diversos críticos non a consideraron tal. O propio Tolstoi consideraba Anna Karenina (1878) como súa primeira tentativa de novela.
Voina i mir tivo un enorme éxito na época da súa publicación, imprevisto ata mesmo para o autor.