Vermiculita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A vermiculita[1] é un mineral formado por silicatos de ferro ou magnesio, pertencente ao grupo das micas. A súa fórmula química e:
- (Mg,Ca) 0.7 (Mg,Fe,Al) 6.0 [(Al,Si) 8O20)] (OH) 4.8 H2O
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Vermiculita | |
---|---|
Fórmula química | Mg0,7 (Mg,Fe,Al)6 (Si,Al)8O20 (OH)4 ·8H2O |
Clase | Silicato |
Subclase | Filosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 2-3 (escala de Mohs) |
Raia | Amarela pálida |
Densidade | 2,4-2,7 g/cm3 |
Orixínase principalmente na alteración hidrotermal de biotita.
Emprégase como substrato en cultivos hidropónicos, como árido para elaborar formigóns de baixa densidade, como illante térmico e acústico, en extintores, como elemento filtrante, para protección de materiais ou equipamentos fráxiles, para aumentar a viscosidade de aceites lubricantes, como absorbente de humidade e outras contaminacións líquidas ou como excipiente en produtos diversos, incluíndo medicamentos.
Ao elevar rapidamente a temperatura da vermiculita provócase unha expansión coñecida como exfoliación, resultando un produto utilizado como agregado livián na construción con propiedades illantes térmicas e acústicas, ademais de ser quimicamente inerte.