Tsar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tsar[1] (en búlgaro, serbio e macedonio цар; en ruso царь pronunciado (axuda · info)) era o título empregado polos monarcas eslavos, principalmente do Imperio Ruso entre 1546 e 1917, pero tamén os gobernantes de Serbia e Bulgaria.
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O título non implica un rango imperial, sendo equivalente ao krol, kral, korol ou kiraly (formas das diversas linguas eslavas para designar ao rei, derivadas etimoloxicamente de Carlomagno, Karl). Como moitos outros títulos nobiliarios, emprégase figurativamente na fala normal, para referirse a persoas ou institucións que posúen gran poder, e actúan como autócratas.