Tratado de Waitangi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tratado de Waitangi (en inglés: the Treaty of Waitangi, en maorí: Te Tiriti o Waitangi) asinouse o 6 de febreiro de 1840 en Waitangi, na Baía das Illas, Nova Zelandia. Foi asinado por representantes da coroa británica, e xefes maorís da Illa Norte. O residente británico, James Busby, xa convencera a aproximadamente 35 destes xefes a que pretendesen a independencia baixo a denominación de "Confederación das Tribos de Nova Zelandia". O documento rubricado en Waitangi foi despois entregado a outras localidades do norte para obter firmas maorís adicionais.[1][2][3]
The Treaty (como o chaman frecuentemente os neozelandeses), xustificaba que os ingleses fixesen de Nova Zelandia unha colonia británica. Hoxe considérase o punto fundacional de Nova Zelandia como nación.
Mentres, o gran problema radica en que se asinaron dúas versións, unha en inglés e outra en maorí, e ambas teñen puntos discordantes. A versión maorí di que eles aceptan a permanencia dos británicos a costa da protección permanente por parte da coroa. A versión británica di que os maorís sométense á coroa a cambio da protección británica. Por exemplo, o uso da palabra kawanatanga, que aparece no Tratado para expresar o concepto da soberanía.