Illa Norte
unha das dúas illas principais de Nova Zelandia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Norte[Cómpre referencia] ou Illa do Norte[1] ('North Island' en Inglés, ou 'Te Ika ā Maui', 'O Peixe de Maui', en Maori) é unha das dúas illas principais de Nova Zelandia, separada da Illa Sur, polo Estreito de Cook.
Illa Norte | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Nova Zelandia |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 38°24′S 175°43′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental e volcánica |
Superficie | 113.729 km² |
Punto máis alto | 2.797 m. Monte Ruapehu |
Demografía | |
Capital | Wellington |
Poboación | 3.596.200 hab. (xuño 2016) |
Densidade | 31´6 hab./km² |
A illa ten unha rexión montañosa (máis baixa que a da Illa Sur), que consta de montes boscosos, unha meseta central volcánica e outeiros.
Os vales de Rotorua e Taupo, situados preto da Baía de Plenty, teñen algúns dos mananciais termais máis grandes de Nova Zelandia. Prodúcense cando a auga subterránea sobrecalentada xorde á superficie a través das rocas. O lago Taupo, situado no centro da illa, é o maior de Nova Zelandia e ocupa o cráter dun volcán extinto.
Cara ao suroeste da illa atópase un volcán extinto, o monte Taranaki, de 2518 metros.
O clima e a topografía da illa son máis favorables para a agricultura. Ovinos e bovinos poden alimentarse no verán e inverno nos ricos pastos que rodean Auckland e Christchurch. Unha ampla gama de cultivos, que inclúen hortalizas, cereal e froitas como a uva e o kiwi, prodúcense na parte norte de Nova Zelandia. As ricas zonas pesquerías do océano Pacífico teñen unha crecente importancia económica.