Tartaruga xigante de Aldabra
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tartaruga xigante de Aldabra (Aldabrachelys gigantea), é unha especie de tartaruga endémica do atol de Aldabra nas Seychelles e outras illas do Índico, que é unha das tartarugas de maior tamaño do mundo.[6] Historicamente as tartarugas xigantes vivían en moitas das illas do océano Índico occidental, como Madagascar e as illas Mascareñas, e o rexistro fósil indica que antes había tartarugas xigantes en todos os continentes e en moitas illas con excepción de Australia e a Antártida.[7] Pénsase que moitas das especies do océano Índico foron levadas á extinción pola sobreexplotación que fixeron delas os mariñeiros europeos, e practicamente estaban todas extinguidas arredor de 1840 coa excepción da tartaruga xigante do atol de Aldabra.[8][2]
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Tartaruga xigante de Aldabra | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||
|
Pechar