Redes Transeuropeas de Transporte
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Redes Transeuropeas de Transporte[1] (tamén en uso en singular; en acrónimo: RTE-T; en francés : Réseau transeuropéen de transport; en inglés: TEN-T, Trans-European Networks - Transport[2]) son un conxunto de infraestruturas sistemas de transporte integrados destinados a apoiar o mercado único, garantir a libre circulación de mercadorías e persoas e reforzar o crecemento, o emprego e a competitividade da Unión Europea.
No pasado, os sistemas de transporte europeos desenvolvéronse na súa maioría segundo criterios nacionais, coa conseguinte escaseza ou ausencia total de interconexións nas fronteiras ou nos corredores estratéxicos. A debilidade das interconexións de transporte dificulta o crecemento económico. Desde a década de 1990, a política RTE-T orientou os fondos europeos para apoiar a execución de proxectos de infraestruturas fundamentais para Europa[3].
Establecen a súa base legal no Tratado de Ámsterdam asinado o 2 de outubro de 1997. Non obstante, o seu desenvolvemento nunha fase avanzada débese ao Tratado de Maastricht. O Libro Branco dos Transportes, o desenvolvemento futuro da política común de transportes, publicado en decembro de 1992.