Pobo albanés
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os albaneses[18] (en albanés: shqiptarët) son un grupo étnico nativo de Albania, Kosovo e os países veciños. O termo tamén se emprega para facer referencia ós cidadáns da República de Albania.[19] Os albaneses étnicos falan a lingua albanesa e máis da metade viven en Albania e Kosovo. Un gran número de albaneses viven en Macedonia do Norte e en Italia, e tamén existen poboacións menores en Serbia e en Montenegro. A maioría dos albaneses son musulmáns (principalmente sunnitas, con pequenos compoñentes xiítas, sufís e bektashi), mais tamén existe unha minoría cristiá (católicos e ortodoxos).
Datos rápidos Poboación, Albania ...
Pobo albanés | |
---|---|
Homes albaneses co traxe tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 7 - 10 millóns[1][2][3][4][5] | |
Rexións principais: | |
Albania | 2 551 006 (2021)[6] |
Kosovo | 1 797 856 (2021)[7] |
Turquía | 500 000–5 000 000[8][9][10][11] |
Italia | 800 000[12][13] |
Macedonia do Norte | 509 083 (2002)[14] |
Grecia | 280 000–600 000[15][16] |
Montenegro | 30 439 (2011)[17] |
Croacia | 17 513 (2011) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Albanés |
Relixión | islam (maioría) cristianismo (minoría) |
Grupos relacionados | Pobo arbëreshë, albaneses de Kosovo |
Pechar