Pobo afar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os afar[3] (en afar: Qafár), tamén coñecidos como danakil, adali e odali, son un grupos étnico cuxita que habita no Corno de África. Viven principalmente na Rexión de Afar de Etiopía e no norte de Djibuti, aínda que tamén hai unha pequena poboación na parte sur de Eritrea. Os afar falan a lingua afar, que forma parte da póla cuxita da familia de linguas afroasiáticas.