Linguas cuxitas
subgrupo de linguas da familia afroasiática / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas cuxitas[1] son unha póla da familia de linguas afroasiáticas. Son faladas principalmente no Corno de África, mais tamén existen minorías que falan linguas cuxitas máis ao norte, en Exipto e o Sudán, e máis ao sur en Kenya e Tanzania. No ano 2012, as linguas cuxitas con máis dun millón de falantes eran o oromo, o somalí, o bexa, o afar, o hadiyya, o kambaata, o saho e o sidamo.[2]