Os paxaros
filme de 1963 dirixido por Alfred Hitchcock / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os paxaros (en inglés: The Birds) é un filme estadounidense de 1963 dirixido e producido por Alfred Hitchcock. Está vagamente baseado na historia de 1952 do mesmo nome de Daphne du Maurier. A historia céntrase nunha serie de sucesos violentos e inexplicables relacionados con ataques de paxaros en Bodega Bay, California. O filme conta con Rod Taylor e Tippi Hedren nos papeis principais, e con Jessica Tandy, Suzanne Pleshette e Veronica Cartwright nos secundarios. O guión é obra de Evan Hunter, a quen Hitchcock encargou desenvolver novas personaxes e unha trama máis elaborada pero mantendo o título e concepto dos ataques de paxaros sen explicación.
Os paxaros | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Birds |
Director | Alfred Hitchcock |
Produtor | Alfred Hitchcock |
Guión | Evan Hunter |
Baseado en | The Birds de Daphne du Maurier |
Intérpretes |
|
Fotografía | Robert Burks, ASC |
Montaxe | George Tomasini |
Estudio | Alfred J. Hitchcock Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 28 de marzo de 1963 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 3,3 millóns de dólares[1] |
Recadación | 11,4 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
En 2016, Os paxaros foi declarado "cultural, histórico ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso, e foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry.