Orde arquitectónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Orde arquitectónica, na arquitectura chamada clásica refírese a clasificación do estilo dos edificios na Grecia antiga en tres ordes, logo utilizados polos romanos da antigüidade que lle engadiron dúas. As medidas das diferentes partes dun edificio están en relación coas proporcións do conxunto da obra. As regras das proporcións da beleza a medida do home[1] propia dos gregos antigos, serán cambiadas en cada etapa histórica. Arquitectos e teóricos da arquitectura interpretarán ao longo do tempo estas regras. Paseniño a referencia ás ordes clásicas só se refire en termos de estilo ao aspecto decorativo e non ás regras primitivas das proporcións. Así estas normas serviron de referencia e foron imitadas noutras épocas na arquitectura occidental, atópanse con frecuencia nos estilos chamados neoclásicos. Ocorre que noutras civilizacións tamén se usa a expresión.
De xeito xenérico, o concepto de orde arquitectónica non se cingue exclusivamente á forma da columna senón que abrangue tamén ao entaboamento.[2]