Nixeria
país de África / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nixeria[1] ( [n (axuda · info)), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país atópase no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, o Chad e o Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.
Nijeriya (ha) Naigeria (ig) Nàìjíríà (yo) | |||||
Himno | Arise O Compatriots, Nigeria's Call Obey | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unity and Faith, Peace and Progress» «Единство и вяра, мир и прогрес» «Undod a Ffydd, Heddwch a Chynnydd» | ||||
Símbolo oficial | Costus spectabilis (floral emblem (en) ) | ||||
Nomeado en referencia a | Río Níxer | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Abuja (1991–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 211.400.708 (2021) (228,85 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 923.768 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Chappal Waddi (2.419 m) | ||||
Punto máis baixo | Lagos (pt) (−0,2 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de outubro de 1963 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal | ||||
Órgano executivo | Ministério Federal da Nigéria (pt) | ||||
• Presidente | Bola Tinubu (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional da Nigéria (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Suprema Corte da Nigéria (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 440.833.583.992 $ (2021) | ||||
Moeda | Naira | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ng | ||||
Prefixo telefónico | +234 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 199 (pt) | ||||
Código de país | NG | ||||
Páxina web | nigeria.gov.ng | ||||
Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende final do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó mesmo tempo en que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.[2]
Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía.[3] Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o sexto máis poboado do mundo.[4] En 2020 Nixeria tiña a poboación xuvenil máis grande do mundo: o 70 % da poboación ten menos de trinta anos e o 42 % menos de quince anos.[5] O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os ibos e os yorubas. Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.
No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na maior de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo.[6][7] Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012).[8] No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo.[9] As reservas de petróleo do país tiveron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial[10] e foi identificado como a potencia rexional de África.[9][11][12] Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.