No eido das relacións internacionais, unha potencia rexional é un estado que posúe poder nunha rexiónxeográfica.[1] Estas potencias definen a polaridade de todo complexo de seguridade rexional.[2] Os estados que ostentan un poder e influencia por enriba do dos seus veciños nunha rexión do mundo posúen hexemonía rexional.