María Mariño
escritora galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 19 de maio de 1967, foi unha escritora galega do século XX. Encadrada na xeración do 36, a pesar da súa con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán) foi reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990).[9] Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2007, co que foi a terceira muller homenaxeada con ese recoñecemento despois de Rosalía de Castro no 1963 e Francisca Herrera Garrido no ano 1987.
Nome orixinal | María Mariño Carou |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xuño de 1907 Noia, España |
Morte | 19 de maio de 1967 (59 anos) Seoane do Courel, España |
Causa da morte | leucemia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Seoane do Courel |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | (sen estudos universitarios) |
Actividade | |
Ocupación | Costureira |
Período de actividade | 1957-1967 [1] |
Xénero artístico | Poesía e narrativa |
Movemento | intimismo,[2] xeración do 36 [3][4] |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Roberto Pose Carballido [8] |
Fillos | Roberto Pose Mariño (1946-†1946) |
Premios
| |