Rosalía de Castro
escritora galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía,[1][2] nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837[3] e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX[4] e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.[5]
«Rosalía» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase Rosalía (homónimos).
- Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) María Rosalía Rita de Castro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) María Rosalía Rita Expósito 23 de febreiro de 1837 Conxo, España |
Morte | 15 de xullo de 1885 (48 anos) A Matanza, España |
Causa da morte | cancro de útero |
Lugar de sepultura | Panteón de Galegos Ilustres (1891–) 42°53′02″N 8°31′58″O cemiterio de Adina (1885–1891) 42°44′24″N 8°39′38″O |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | escritora , poetisa |
Período de actividade | 1857 - 1884 |
Xénero artístico | Poesía, novela e conto |
Movemento | Rexurdimento |
Pseudónimo literario | Rosalía de Castro |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Murguía (1858–1885) |
Fillos | Alejandra (1859-1937) Aura (1868-1942) Gala (1871-1964) Ovidio (1871-1900) Amara (1873-1921) Adriano Honorato Alejandro (1875-1876) Valentina (nada morta en 1877) |
Pais | José Martínez Viojo e María Teresa da Cruz Castro |
Premios
| |
Páxina web | rosalia.gal |
Pechar
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.[6]