Malesia
rexión bioxeográfica / From Wikipedia, the free encyclopedia
Malesia é unha rexión bioxeográfica de clima ecuatorial situada entre a rexión Indomalaia e Australasia.
Considérase tamén unha rexión fitoxeográfica ou reino floral dentro da ecozona paleotropical. Esta rexión forma parte tanto de Asia como de Oceanía, e nela predominan os ecosistemas de selva ecuatorial.
Malesia foi primeiro identificada como unha rexión florística conformada poa península de Malaca, Insulindia, Nova Guinea e o arquipélago de Bismarck,[1] sobre a base da flora tropical compartida ou derivada especialmente de Asia, pero tamén con numerosos elementos da flora australiana, incluídas moitas especies como as coníferas Podocarpaceae e Araucariaceae. Hai coincidencia con catro rexiones distintas de fauna de mamíferos.
Esta rexión florística componse á súa vez das seguintes rexións bioxeográficas:
- Sondalandia (illas maiores da Sonda (excepto Célebes), Balí e a península de Malaca)
- Filipinas
- Wallacea
- Oceanía Próxima (equivalente a Melanesia occidental)