Lingua saami de Kildin
Lingua urálica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua saami de Kildin (Kiillt saam' kiill ou Кӣллт са̄мь кӣлл en cirílico) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. A área coa maior concentración de falantes atópase arredor de Lovozero. Trátase da lingua saami oriental con maior número de falantes, mais o seu futuro non está asegurado porque o número de persoas que a utilizan de xeito activo é moi reducido. Así e todo conta coa súa propia tradición literaria, salientando a autora Aleksandra Andreevna Antonova. As linguas saamis máis relacionadas co saami de Kildin son o saami de Ter e o saami de Akkala, esta última xa extinta.
Datos rápidos Lingua saami de Kildin Кӣллт са̄мь кӣлл (Kiillt saam' kiill), Códigos de lingua ...
Lingua saami de Kildin Кӣллт са̄мь кӣлл (Kiillt saam' kiill) | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Península de Kola, Laponia | |
Total de falantes: | c. 500 (segundo o censo de 2010)[1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis orientais Lingua saami de Kildin | |
Escrita: | Cirílico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | sjd
| |
Mapa | ||
A lingua saami de Kildin é a número 8. | ||
Status | ||
Pechar