Lingua nivkh
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua nivkh ou lingua gilyak[4] (autodesignado: Нивхгу диф Nivxgu dif) é unha lingua falada en Manchuria Exterior, na conca do río Amgun (un tributario do Amur), a beira do propio Amur, e na metade norte de Sakhalin. 'Gilyak' é a apelación manchú. Os seus falantes son o pobo nivkh.
Datos rápidos Nivkh нивх диф, нивх туғс, Códigos de lingua ...
Nivkh нивх диф, нивх туғс | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [mer ɲivx dif/tuɣs] | |
Falado en: | Rusia, Xapón[1][2] | |
Rexións: | Illa de Sakhalin e ó longo do río Amur | |
Total de falantes: | 200 (2000) | |
Familia: | Lingua illada Nivkh | |
Escrita: | Cirílico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | niv
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A poboación da etnia nivkh permaneceu razoablemente estable, con 4 549 nivkhs en 1897, e 4 673 en 1989. Porén, a porcentaxe entre esa poboación de falantes nativos de nivkh caeu dende o 100% ó 23,3% no mesmo período.