Lingua kirguiz
lingua falada en Kirguizistán / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua kirguiz[2] ou quirguiz (na súa forma nativa Кыргызча, Кыргыз тили, قىرعىز تىلى, Kırgızça, Kırgız tili) é unha lingua turca falada por preto de catro millóns de persoas en Kirguizistán, así como na China, Afganistán, Casaquistán, Taxiquistán, Turquía, Uzbekistán, Paquistán e Rusia. O kirguiz é membro do subgrupo kirguiz–kipchak das linguas kypchak, e a converxencia lingüística da actualidade deu como resultado un incremento do grao de intelixibilidade entre o kirguiz e o casaco.
Kirguiz Кыргызча ou Кыргыз тили, قىرعىز تىلى, Kırgızça ou Kırgız tili | ||
---|---|---|
Falado en: | Kirguizistán, Afganistán, Xinjiang (China), Taxiquistán, Rusia, Paquistán | |
Total de falantes: | 2 900 000 (1993–2000) | |
Familia: | Linguas turcas Linguas kipchak Kirguiz–kipchak Kirguiz | |
Escrita: | Alfabetos kirguiz, (cirílico, e árabe), antigamente latino) | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Kirguizistán | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ky | |
ISO 639-2: | kir | |
ISO 639-3: | kir
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O kirguiz era escrito orixinalmente en runas turcas,[3] mais foi substituído gradualmente polo alfabeto árabe (en uso ata 1928 na USSR, aínda en uso na China). Entre 1928 e 1940, usouse un alfabeto turco baseado no latino. En 1940, por mor da política xeral soviética, o alfabeto cirílico converteuse no máis habitual, e mantense aínda hoxe, malia que algúns kirguiz seguen a usar o alfabeto árabe. Cando Kirguizistán conseguiu a independencia despois do colapso da Unión Soviética en 1991, houbo un movemento para tentar recuperar o alfabeto latino (nunha versión máis próxima á do alfabeto turco), pero o plan non foi implantado aínda.