Lingua hidatsa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua hidatsa[3] é unha lingua síux do val do Missouri falada polo pobo hidatsa, que habita principalmente en Dacota do Norte e en Dacota do Sur. Está estreitamente relacionada coa lingua crow, e está seriamente ameazada pola perda de falantes. Unha descrición da cultura hidatsa-mandan, incluíndo unha gramática e un vocabulario da lingua, foi publicada en 1877 por Washington Matthews, un doutor que viviu entre os hidatsa na reserva india de Fort Berthold.[4]
Datos rápidos Hidatsa hiraaciré’, Códigos de lingua ...
Hidatsa hiraaciré’ | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos | |
Rexións: | Dacota do Norte, Montana e Dacota do Sur | |
Total de falantes: | 200 e minguando (2007)[1] | |
Familia: | Síux Síux occidental Síux do val do Missouri Hidatsa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | hid
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
No presente, a lingua é obxecto de estudo na tradición da gramática xenerativa.[5]