Limites romani
fortificacións fronteirizas romanas que protexían o imperio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Limites Romani ou Limes é o nome aplicado a unha zona de fortificacións fronteirizas romanas que protexían o seu imperio. Houbo algunhas fortificacións de fronteira en Dacia, Arabia Petrea, Numidia e Britania, pero o limes principal foi o de Agri Decumates contra os xermánicos co Limes Germanicus, na zona do río Danubio e do río Rin, e estaba formado por fortíns, foxos, muros e empaladizas; nalgúns lugares había torres redondas e noutros torres de madeira de observación. Está inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1987.[1]
Limites romani | |
---|---|
Limes germanicus | |
Hadrians Wall map.svg | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Alemaña e Reino Unido |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV |
Inscrición | 1987 (11º sesión) ext. 2005 2008 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 430 |
As fronteiras do Imperio Romano foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e en concreto a Muralla de Hadrián en 1987 e Limes da Alta Xermania-Recia e a Muralla de Antonino[2] en 2005 e 2008, respectivamente. É un dos sitios transfronteirizos que existen no mundo.
Orixinalmente, a palabra "limes" designaba en latín calquera estrada custodiada polas patrullas de fronteira. Polo tanto, a palabra é usada para nomear tanto as auténticas murallas de pedra (provincia de Britania) como cadeas de fortes de madeira ou pedra a certa distancia uns doutros. Este último foi o modelo predominante na ampla e perigosa fronteira, con Germania libera, naqueles lugares onde non podían usar os grandes ríos como fronteira. Co tempo, os propios romanos contrataron ás tribos xermanas como soldados para gardar as "limes".
Os principais límites fortificados durante o Imperio foron os seguintes:
- Muralla de Hadrián – Limes Britannicus (UNESCO Patrimonio da Humanidade ID 430bis–001)
- Muralla de Antonino – en Escocia (Patrimonio da Humanidade[3][4])
- Costa Saxoa, limes tardorromano no sueste de Inglaterra
- Limes Germanicus, coas Limes xermánicas e reticas superiores, nas provincias de Xermania Inferior e Xermania Superior, seguindo o río Rin ata os contrafortes dos Alpes. O Castelo de Saalberg (montaña sal) ao norte de Frankfurt, formou parte das Limes romanas nunha especie de provincia romana que penetrou no leste do Rin, a fin de obter sal nuns lugares próximos ao macizo de Taunus, no estado federado de Hessen. Varios castelos construídos polos romanos nesta área aproveitan esta especie de cordilleira ou máis ben macizo para penetrar cara ao leste máis aló do Rin. (Patrimonio da Humanidade da UNESCO ID 430bis–002)
- Limes Arabicus, a fronteira da provincia romana de Arabia Petraea fronte ao deserto, separaba o territorio romano do deserto de Arabia, que consta dunha cadea de fortes construídos en puntos de auga, ligados por unha densa rede de estradas, para defenderse das incursións dos nómades do deserto e protexer a chegada das caravanas.
- Limes Tripolitanus, separando a África romana dos territorios controlados por tribos bérberes no Sáhara e do Cordal do Atlas.
- Limes Alutanus, nalguns tramos ao norte do Danubio fronteira oriental pasando por Dacia e Pannonia, que eran provincias do Imperio Romano.
- Limes Transalutanus ', a fronteira no Danubio inferior.
- Limes Moesiae, a fronteira ao leste da provincia romana Moesia, desde Singidunum Serbia ao longo do Danubio ata Moldavia.
- Limes Norici, a fronteira da provincia romana Noricum, desde o río Inn ao longo do Danubio ata Cannabiaca (Zeiselmauer-Wolfpassing ) en Austria.
- Limes Pannonicus, a fronteira da provincia romana Pannonia, ao longo do Danubio desde Klosterneuburg Austria ata Taurunum en Serbia.
- Fossatum Africae, a fronteira sur do Imperio Romano, que se estende ao sur da provincia romana de África no Norte de África.
- Limes orientais: apoiado no curso do Éufrates, separando as provincias Siria e Capadocia do Imperio parto e, despois, o Imperio Sasánida, formado por unha cadea de cidades e posicións fortificadas controlando os puntos de auga e os vaos do río coas fortalezas dos lexionarios na retagarda, duns tres a cinco días de marcha.